Obradoiros en liña
A pandemia segue sen acougar, pero Olloboi resiste. Adaptados ás esixencias sanitarias, intentamos seguir chegando ás aulas para promover a creación cinematográfica.
A novidade que traemos nesta edición son os OLLOBRADOIROS EN LIÑA.
Unha oferta pedagóxica gratuíta dispoñible para todos os centros educativos de Galicia ata maio do 2021.
Trátase de obradoiros realizados en liña e en directo, de 2h como mínimo de duración, e adaptados á realidade do nivel e número de grupos de cada centro. A temática condutora son as redes sociais, a través das que consumimos e creamos contidos a diario.
O obxectivo é aprender a ler a través das imaxes e comprender os fundamentos cinematográficos que subxacen a stories, reels, tiktoks, etc. Non menos importante, promover que o alumnado explote ó máximo a súa creatividade e optimizar as redes como ventá de visualización das súas creacións.
Ofertamos dúas modalidades de obradoiros:
- Modalidade para alumnado, na que se tratarán as leis básicas do audiovisual dunha forma práctica e divertida, así como as distintas etapas do proceso creativo do cine, dende o guión ata a montaxe. O resultado será a creación dunha pequena peza in situ.
- Modalidade para docencia, na que se busca atopar un punto en común de comunicación entre profes e alumnado. Nel investigaranse máis de preto as redes sociais e explicaranse uns coñecementos básicos, o que permitirá aplicar o audiovisual ás aulas e ás actividades da clase.
Para solicitar os obradoiros só hai que cubrir o seguinte formulario e poñerémonos en contacto con vós.
Se tedes dúbidas contactade connosco a través do mail info@olloboi.com e axudarémosvos en todo o que precisedes!!