Recursos

Poñemos á vosa disposición os seguintes recursos educativos en galego:

  • A presentación Aprendo con Olloboi, dirixida a alumnado de ESO/BAC/Ciclos, que serve de guía á hora de facer unha curtametraxe.
  • A presentación resume os contidos do proxecto Aprendo con Olloboi , un material didáctico para aprender sobre cine da man de cineastas e películas galegas. Nel atoparás un capítulo adicado a cada área da produción: guión, son, fotografía, edición… cunha breve clase online, impartida por artistas, e logo actividades en galego, para afondar. Válido para alumnado de ESO/BAC/Ciclos.
  • Para todos os públicos, unha videomontaxe onde o actor e guionista Miguel de Lira nos os principios fundamentais para facer unha curta.
  • Titoriais de videomontaxe para que non teñades problema á hora de editar o material. Recomendámosvos Premiere Clips para móbil e Kdenlive para computadora. Cóntanvolo Sara e Xurxo, exparticipantes e xa profesionais do cine.
  • Montaxe dunha curta: presentación dixital para aprender paso a paso a editar con Corel Video Studio (30 días gratis), Premiere Clips (para móbil, gratuíta), PiTiVi (para Linux).

Montaxe con Móbil

Montaxe con Ordenador

Tés poucos recursos? Así resolve o actor Miguel de Lira

Cadernas de Olloboi: o cine nas aulas é necesario