Complices

Alberte Branco

Ferrol, 1970

Máis coñecido como “Bertitxi” é un sinestésico do cine galego: ve sons, escoita imaxes e debuxa sorrisos alí por onde pasa.

Leva dez anos de traxectoria como Director de Fotografía. O seu traballo, versátil e con personalidade, caracterízase por fusionarse co proxecto que teña entre as mans e loitar ata levar a ollada do director ou directora á pantalla. Consegue este obxectivo coas ferramentas que domina: o encadre, o movemento, o espazo, o tempo, a luz e as texturas. Todos estes elementos fusiónanse na arte da cinematografía, un oficio que ama con paixón, defende e pon en valor en cada traballo que fai. Consciente da importancia do cinema como arte e como fiestra que achega á sociedade, gústalle experimentar usando a imaxinación e o risco para ben do proxecto no que está mergullado.

Amante das artes, das viaxes, da gastronomía, do bo viño e da cultura en xeral, nunca deixa de aprender e mantense en constante estudo das novidades no mundo da cinematografía.

Ademais de en Galicia, Alberte Branco ten traballado en Portugal, Catalunya, España e Inglaterra. A súa experiencia fai que lle sexa doado adaptarse a calquera situación de rodaxe, e esta é outra das grandes virtudes do seu traballo.

 

Recoñecementos:

Premio Mestre Mateo a Mellor Dirección de Fotografía por Vilamor

Premio Mestre Mateo a Mellor Dirección de Fotografía por Encallados

Premio a Mellor Dirección de Fotografía por Os fenómenos no Festival de Cine Iberoamericano. 24º Cine Ceará

 

O rebusco de Olloboi

2014 A viaxe dos Chévere, Alfonso Zarauza

2014 Las altas presiones, Ángel Santos

2014 Os fenómenos, Alfonso Zarauza

2013 Encallados, Alfonso Zarauza

2012 Vilamor, Ignacio Vilar

2011 Adolescentes, Ángel Santos

2012 Dos fragmentos/Eva, Ángel Santos