Complices

Andrés Mahía

A Coruña, 1964

Guionista, director e productor de televisión.

Aspira a retirarse na montaña rioxana, entre lobos e pistas negras, pero pódelle o xenio e o talento social do que abomina.

En 1997 fundou xunto con Carlos Ares e Xosé Castro a productora Zopilote, a primeira productora galega especializada na escritura de guións e no deseño de series e formatos de televisión.

Entre os seus traballos máis destacados con Zopilote están: Mareas Vivas, Terra de Miranda, Pepe o inglés, Air Galicia, O rei da comedia, Era visto! ou o Nordés. Tamén traballou como guionista e director en máis de vinte series e programas de televisión para outras compañías, galegas e españolas e dirixu e guionizou diversos programas de TV, radio e publicidade.