Complice 2017Complices

Araceli Gonda

Gondomar, 1976

Chegou a Santiago para estudar xornalismo e alí quedou.

Traballou máis de dez anos na redacción de deportes da TVG, ata que en 2010 decidiu comprobar se era quen de sobrevivir como guionista. A que case non sobreviviu co disgusto foi a familia.

Escribiu en series para TVG como Luci (da que é co-creadora), Padre Casares, Cuartos sen ascensor, A vida por diante, Terra de Miranda, Pazo de Familia, Urxencia Cero, Serramoura ou Vidago Palace, miniserie de coprodución entre Portugal e Galicia.  Tamén participou na serie para Telecinco Piratas, coa que se fixo unha experta en relativizar as críticas,

En cine colaborou no guión de 18 comidas, de Jorge Coira, que recibiu sete Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, incluido Mellor Guión.

Tamén probou como guionista de programas de entretemento (Tourilandia), como escritora de teatro para nenos e non tan nenos (Flis-fli-ris-flás, A rebelión do monicreque, Currículum Vitae, Amor Flexible) e como autora de libros infantís (Flis-fli-ris-flás, Area fai seis, Os amigos de Santi).

Durante tres anos foi profesora de guión na Universidade de Santiago de Compostela, algo que lle fixo especial ilusión á súa sogra.

Está convencida de que o sentido do humor é a única razón que evita que o ser humano se extinga.