Complice 2017Complices

Beli Martínez

A Guarda, 1980

Activista vocacional do Novo Cinema Galego, aplícalle á divulgación da nosa cultura audiovisual as cualidades do seu mar atlántico: mansa bravura.

Doutora en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo.

Productora da longametraxe Arraianos, de Eloy Enciso, estreada en Locarno e programada en máis de vinte festivais internacionais, donde obtén o recoñecemento do xurado en BAFACI, FICUNAM, Festival Europeo de Sevilla e o Cinema D’Autor de Barcelona.

No ano 2011 produciu Vikingland, de Xurxo Chirro, unha das obras máis representativas do denominado Novo Cinema Galego, estreado no prestixioso FID Marseille. Traballa dende o ano 2012 con este mesmo director en Proxecto Socheo, arquivo audiovisual de A Guarda que se presentou en varios festivais e filmotecas e que foi seleccionado como exemplo de boas prácticas na reunión do proxecto Grand Treasures en Parnu (Estonia).

En 2014 produce Jet Lag, film dirixido por Eloy Domínguez Serén en cuxa rodaxe ten unha alta implicación. Esta obra ten a súa estrea internacional no FID Marsella, tralo seu paso polo Festival de Cine Europeo de Sevilla, Co IBAFF e polo Play-Doc.

Compaxina a produción audiovisual coa docencia na Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo, donde imparte materias como Teoría e Técnica do Documental e Produción de ficción.