ComplicesComplices 2016

Carlos Ares

A Coruña, 1966

Máis coñecido como “Parrocho”, é o Harpo dos Zopilote, non por mudo seón polo seu dominio universal da mímica.

Guinista, director e produtor de televisión. En 1997 fundou xunto con Xosé Castro e Andrés Mahía, Zopilote que foi a primeira productora galega especializada na escritura de guións e no deseño de series e formatos de televisión.

Entre os seus traballos máis destacados con Zopilote están: Mareas Vivas, Terra de Miranda, Pepe o inglés, Air Galicia, O rei da comedia, Era visto! ou o Nordés. Tamén traballou como guionista e director en máis de vinte series e programas de televisión para outras empresas.

Á marxe do seu traballo como guionista de series, traballa polo sector dende a administración, sendo presidente da Asociación de Guionistas entre 2011 e 2015 e presidente da AGAG negociando o convenio de guionistas a nivel estatal.

Actualmente é presidente da Academia Galega do Audiovisual.