ComplicesComplices 2016

Enrique Otero

A Coruña, 1972

Músico, realizador, productor, truán e un gran señor. Autor dunha obra prolífica no munda da televisión, a publicidade, o cine, o videoarte e a música, obra que sería máis vasta aínda de non lle reinar tanto ser Crebinsky DJ na de Fredi.

Como músico traballou no son e  BSO de numerosas obras de teatro e películas. Participou e creou varias formacións musicais: Kozmic Muffin, Lovely Luna, Heredeiros da Crus, Banda Crebinsky. Con esta última gañou diversos premios, tanto musicais como cos videoclips.

Entre os galardóns que recibiu destacan os que obtivo por Crebinsky como, por exemplo, o de Mellor Guión Novel no Festival de Málaga, o de Mellor Director no Boulogne-Billancourt e o Mestre Mateo á Mellor Dirección.

Da súa extensa obra, o rebusco de Olloboi é:

2014 Si te vas al olvido (Videoclip para Luz Casal)

2014 Ningún dios aquí arriba (Guión e produción)

2014 Funes, o inventor da lúa (Produción, guión e dirección)

2011 Budiño “volta” (Dirección)

2011 Meu canto (Videocreación para Uxía Senlle)

2011 Crebinsky (Produción, guión e dirección)

2007 A flor máis grande do mundo, J.P Etcheverry

2006 Axendas semanais. “A cultura circula”

2006 A dúas velas (Dirección)

2005 Parole (Dirección)

2001 O navegante (Son en teatro para o Grupo Chévere)