San Sebastián, 1983
Realizadora, Guionista e Directora de Arte. Ten a mirada clara da súa nai vasca, a mente lúcida da súa avoa catalana, o corazón apaixoado de seu pai peruano e a lingua agarimosa do pobo que a adoptou hai oito anos, o galego.
Licenciada en Comunicación e Máster en Dirección de Arte en Munich e Praga. Formouse en cine no País Vasco e posteriormente realizou un master en Alemaña.
Aposta por un audiovisual fílmico e experimental como mostran as súas curtas Nimbos, Rapa das bestas e Proba de axilidade
O rebusco de Olloboi doutras pezas audiovisuais nas que colabora
2014 Las altas presiones, Ángel Santos (longametraxe)
2014 Os fenómenos, Alfonso Zarauza (longametraxe)
2009 O Nordés (Serie TV)