Complice 2017Complices

Jorge Coira

Rábade, 1971

A súa formación, fundamentalmente autodidacta, complementouse coa asistencia a cursos e obradoiros con profesores como Michael Radford, Víctor Erice, Allan Starski, Béatrice Caufman, Robert Lovenheim, Isaki Lacuesta, Víctor Duplá e Mariano Barroso, ademais de participar na primeira edición do Berlinale Talent Campus.

No terreo do cine, tralos comezos en curtametraxes entre as que destacan Mofa e Befa en gran liquidación e O matachín, no ano 2044 estreou a súa primeira longametraxe: O ano da carracha. A súa seguinte película, 18 comidas (estreada en España a finais de 2010), leva recibidos numerosos premios, sendo seleccionada en máis de 30 festivais internacionais, e estreada en salas de máis de 10 países de todo o mundo.

En televisión, ademais do seu labor en publicidade e videoclips, o seu traballo centrouse na dirección de series, participando en proxectos para TVG como Terra de Miranda, As leis de Celavella, Padre Casares e, recentemente, Luci (unha das primeiras series españolas en ser vendida para a súa versión nos EEUU). Tamén participou en serie de ámbito nacional como El comisario, Ris, Pelotas, Sé quién eres, entre outras.

Outro dos terreos nos que máis traballou é o documental, onde destacan os documentais de creación Torre de Breoghán, ¿Qué culpa tiene el tomate? (estreado no MoMa de Nova York en 2009) ou Días de reparto, ademais de traballos televisivos como Chunda Chunda.

En 2016, gañou o Goya á mellor montaxe polo seu traballo en O descoñecido, de Dani de la Torre.