Complices

Lucía Catoira Pan

Cambre, 1984

Mente preclara da fotografía galega cunha pegada inconfundible nalgunhas das últimas producións do noso audiovisual.

Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo e especializouse en fotografía cinematográfica pola ESCAC.

Ó longo da súa carreira traballou en diversos proxectos dirixindo a fotografía de curtametraxes como Esteroscopía (2010), Anacos (2011) de Xacio Baño ou Unary (2014) de Luís Avilés.

En 2009 incorpórase ó proxecto entorno ó Retrato Filmado do Festival Internacional de Documentais de Tui (PlayDoc) que se extende ó logo de cinco anos de constante aprendizaxe, abríndose ó mundo do documental. En 2015 realizou a fotografía do documental Islas, unha coprodución cubano-polaca, da realizadora Adriana F. Castellanos e no 2016 do filme Dhogs de Andrés Goteira.

 

O rebusco de Olloboi

2016 Imposible sen ti, Andrés Mahía (Spot)

2016 Dhogs, Andrés Goteira (longametraxe)

2015 Ribeiro, Jairo Iglesias (Spot)

2014 Eco, Xacio Baño (curtametraxe)

2014 Unary, Luís Avilés (curtametraxe)

2014 Islas, Adriana F. Castellanos (documental)

2014 La Trampastesia, Chapero Jackson

2013 Olas del sur, Carlos Seijo (Videoclip)

2012 Santiago Futsal, Jairo Iglesias (Spot)

2012 9 Ondas, Simone Saibene (longametraxe)

2012 Blue, Pietro Ditano (curtametraxe)

2011 Anacos, Xacio Baño (curtametraxe)

2010 Kune, Carlos Seijo (curtametraxe)

2010 Estereoscopía, Xacio Baño (curtametraxe)

2009 Empatía, Carlos Seijo (curtametraxe)

2009 Quentefrío, Xacio Baño (curtametraxe)