Complice 2017Complices

Xosé Castro “Pato”

Caracas, 1964

Guionista, director e productor de televisión. Pluma mordaz das letras galegas e asiduo da noite compostelá, valores ambos que debe tal vez ó seu afamado insomnio.

En 1997 fundou, xunto con Carlos Ares e Andrés Mahía, Zopilote que foi a primeira productora galega especializada na escritura de guións e no deseño de series e formatos de televisión.

Entre os seus traballos máis destacados con Zopilote están: Mareas Vivas, Terra de Miranda, Pepe o inglés, Air Galicia, O rei da comedia, Era visto! ou o Nordés. Tamén traballou como guionista e director en máis de vinte series e programas de televisión para outras empresas.