Sabela Hermida

Actriz, bailarina e investigadora de ampla traxectoria e de polifacética formación. Licenciouse en Filosofía pola Universidad de Granada, realizou un Máster en Artes Escénicas na URJC e, para culminar a súa formación académica, doutórase cunha tese titulada: “El desarrollo artístico de María Casares dentro del marco existencialista francés”. No ano 2022 publica con Xeráis o seu primeiro libro, “María Casares fronte ao Espello”.

Debuta como actriz de teatro no 2001 e, ó longo destes anos, protagoniza multitude de produccións teatráis, dentro e fóra de Galicia. Formou parte da Cía Teatro Tribueñe de Madrid durante 10 anos e, en Galicia, funda Teatro Proscrito en 2010 xunto a Lino Braxe e, posteriormente, Manarte Producciones. Colabora habitualmente, tamén, coas compañías Bucanero Teatro, Abismo Caracol ou Teatro do Noroeste.

No eido audiovisual traballou en diferentes series e programas para a TVG como “Libro de Familia”, “Efectos Secundarios”, “Escoba”, “Casa Manola”, “Do Dereito e do Revés”, “Malo Será”…etc. E, no cinematográfico, tras participar en longametraxes como “Camarón” e protagonizar diversas curtametraxes, estrea no 2021 a súa primeira película como protagonista: “El Cuarto de Mona”, dirixida por Darío Autrán e, ao ano seguinte, ten un papel relevante en “El Tirabeque”. No ano 2022 realiza, xunto a Isabel Blanco como directora, a peza documental “Tralos Pasos de María Casares”. Os últimos traballos nos que participou son a curtametraxe “Un Novo Día”, de Gon Caride, a longa “Entelequias”, de Darío Autrán e a serie para Netflix “Animal Salvaje”, produccións aínda por estrear. Ademáis é presentadora habitual de galas culturáis e artísticas do país como o Memorial Ibán Toxeiro, os Premio Xeráis 2022, o “OUFF en CURTO” do Festival de Cine Internacional de Ourense, entre outras.