Complice 2017ComplicesComplices 2011Complices 2012Complices 2016

Miguel de Lira

Lira, 1964

Actor, guionista, productor, cómico e activista canalla. Membro fundador do grupo Chévere (1987), con quen comparte traxectoria e obtivo diversos recoñecementos, entre os que destaca o Premio Nacional de Teatro no ano 2014.

Polos seus traballos en cine e televisión obtivo galardóns como:

Premio AGAPI pola serie Mareas Vivas

Premio do Festival Internacional de Ourense no 2009 por Pedro e o capitán 

Premio do Festival de Mieres e Alicante por Amistad, de Alejandro Marzoa

Premio Mestre Mateo, Toulouse e Oaxaca por Crebinsky

Premio Mestre Mateo por Somos gente honrada, de Alejandro Marzoa

Premio a Mellor Actor Protagonista en Toulouse no 2015, ex aequo por A Esmorga, de Ignacio Vilar

Premio no Providence Latin Film Festival no 2014 por Somos gente honrada

 

Di que para el o teatro é sushi, o cine robaliza á plancha e a televisión bonito en conserva. E ainda que todo peixe é bo, nós imos destacar del algúns dos seus traballos en cine:

2016 Dhogs, Andrés Goteira

2015 María y los demás, Neli Regueira

2014 A Esmorga, Ignacio Vilar

2013 Os fenómenos, Alfonso Zarauza

2012 Somos gente honrada, Alejandro Marzoa

2011 No habrá paz para los malvados, Enrique Urbizu

2009 Mar Libre, Dani de la Torre

2009 Crebinsky, Enrique Otero

2008 Pedro e o capitán, Pablo Iglesias

2007 A noite que deixou de chover, Alfonso Zarauza

2007 El hombre de arena, J.M González

2006 Un franco 14 pesetas, Carlos Iglesias

2006 Hotel Tívoli, Antón Reixa

2005 Hai que botalos, dirección colectiva

2005 Galatasaray-Depor, Hannes Stöhr

2003 O lápis do carpinteiro, Antón Reixa

2003 Secuestrados en Xeorxia, Gustavo Balza

2002 Entre bateas, Jorge Coira

2001 As loiras prefírenos cabaleiros, Álex Sampaio

1989 Urxa, Carlos Piñeiro e Alfredo García