Olloboi 2010

Curta Tolo Corazón

Making off Tolo Corazón

 

No curso 2008 un grupo de profes de diversos centros organizámonos no IES Leliadoura de Ribeira nun proxecto de formación sobre o audiovisual, constituíndo o Colectivo Audiovisual Rodaxe: Lolo Garrido, Petro Álvarez, Ana Moreiras, Pascual Vidal, Andrés Lariño e Óscar Aguado. O labor principal do colectivo, nese ano, foi aprender a producir e gravar unha curta, e o exercicio chamouse Tolo Corazón.

Dous anos despois, en colaboración co EDNL do Leliadoura, convocamos un concurso audiovisual no que participaron uns cantos centros de Galicia. As pezas gañadoras foron proxectadas no Centro Social de Boiro e no local A Pousada das Ánimas.

 

  • Premio Rodaxe para O Doutor do IES Leliadoura (Ribeira).
  • Premio Impinxidela para O gato con fame do IES Praia Barraña (Boiro).
  • Premio do público para Galegando Lipdub do IES Pintor Colmeiro (Silleda).