Olloboi 2013

Neste ano a organización sufriu un proceso de renovación interna e non puido celebrarse o festival. Incorporouse no equipo de organización a artista Susana Diz e deixounos o profe Pascual Vidal, continuando en capitanía Lolo Garrido, Ana Moreiras, Petro Álvarez e Óscar Aguado.

Lonxe de estarmos inactivos, colaboramos co tecido cultural de Boiro axudando a crear unha nova actividade para o Entroido: o Xoves de Abadesas.