10+1 Edición Olloboi
O sábado 12 de xuño celebrouse o Olloboi 10+1. A presión da Covid e o cambio de ubicación non ensombreceron unha edición brillante, onde foi máis importante que nunca o vínculo emocional que une a quen sustenta este festival: escolas, veciñanza, cineastas.
A pesares das limitacións para traballar colaborativamente, a comunidade educativa seguiu creando. Houbo 142 pezas a concurso, moitas feitas á marxe das aulas: o impulso da creación rompendo as barreiras da realidade. Comezamos a recoller froito destes anos de traballo, alcanzando un máximo na participación universitaria e de ciclos superiores. Mergullade na web para ter unha visión do que se está a facer nas escolas galegas, e, abaixo nesta páxina, as pezas gañadoras da edición 2021.
O xurado 2021 estaba constituído polo profesor e profesional do audiovisual Manolo González, a profesora Olga Aguiar, os realizadores Andrés Goteira, Suso López, J.M. Tubío, Cris de la Torre, Xaime Miranda, Sabela Blanco e as asociacións Unión de Muchachas e Mestras polo Futuro.
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2021/05/cartel_Olloboi21.jpeg)
Estas foron as pezas gañadoras:
- Mellor non ficción: Cando rompe o mar (IES María Soliño)
- Mellor guión: Vida furtiva (IES Terra de Trasancos)
- Wabisabi (cine con alma adolescente): As derradeiras (IES Praia Barraña)
- Videoarte: Background (IES Cacheiras) e Sombra (Lucía Ladero, IES Concepción Arenal)
- Videoclip: Non me vai mal (CPI Dodro)
- Compromiso: Sálvora (IES A Cachada)
- Mellor Peque: Maruxa (CEIP O Carballal)
- Ficción +18: Rakel (Aarón Vilariño, ESCAC)
- Non ficción -18: As ladras (Ángela Taboada e Daniel Vázquez, Universidade Carlos III)
- Zamburrioi: As novas (IES Xesús Taboada Chivite)
E como novidade desta edición, as seguintes mencións:
- Mellor iniciativa educativa externa ás aulas: programa Vidas Mariñeiras, do GALP.
- Cine e educación ambiental: Quen seiturará? (Universidade, USC) As derradeiras (secundaria, IES Praia Barraña) e A lata (primaria, CEIP Virxe do mar)
A falta dunha Muchachada Matiné na que alumnado, artistas e “informadoras” de Boiro fixeran a súa curta 4x4, estreamos Cadernas de Olloboi. Un documental sobre os 10 anos de historia deste festival que pronto poderemos disfrutar en aberto, e no que teñen voz todas as bocas hoxe enmascaradas. Tamén ofrecimos obradoiros en liña para alumnado de primaria ou secundaria de toda Galicia e para docentes. Na pestana da nosa web ollobradoiros tedes información e un Vídeo explicativo.
Miguel de Lira, Alfonso Zarauza, Melania Cruz, Sabela Hermida, Federico Pérez, Tito Asorey, Ledicia Sola, Triángulo de Amor Bizarro, J.M. Tubío e os nosos queridos Dhogs, confluíron c@s xoves cineastas para consolidar a canteira.
Concello, Deputación, Política Lingüística e tecido empresarial de Boiro fixérono viable: Mascolor, Asteleiros Triñanes, Jealsa, JJ Chicolino, Gadis, Grupo Breogán, Cabinamóvil, Manarte, Abadía de San Enrique, Andavía Gaiteiros, Nunca é tarde, Escola de Música.
Lolo, Su, Petro, Ana, Mariano, Yaiza, Sara e Javi fixémolo real. Grazas a tod@s!
Vídeos Edición 2021
-  
- 2021
- CAD A Pobra
- CEIP do Carballal
- CEIP Frei Luís de Granada
- CEIP Parada-Campañó
- CEIP Plurilingüe A Pedra
- CEIP Plurilingüe Virxe do Mar
- CEIP Sanjurjo de Carricarte
- Colegio Miralba-Jesuitinas Vigo
- CPI As Mirandas
- CPI dos Dices-Rois
- CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
- CPI Pontecesures
- CPI Progreso Catoira
- ESCAC
- Escuela Audiovisual de Vigo
- Facultade de Belas Artes
- IES As Barxas
- IES Audiovisual de Vigo
- IES Breamo
- IES Concepción Arenal
- IES de Arzúa
- IES de Cacheiras
- IES de Meaño
- IES de Mugardos
- IES do Castro
- IES María Soliño
- IES Mestre Landín
- IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
- IES Pontepedriña
- IES Praia Barraña
- IES San Clemente
- IES Terra de Trasancos
- IES Universidade Laboral
- IES Xesús Taboada Chivite
- IESP A Cachada
- IESP Aquis Celenis
- IESP de Ames
- SAT A Pobra
- Univali
- Universidade Carlos III de Madrid
- Universidade de A Coruña
- Universidade de Santiago de Compostela
- Universidade de Vigo
Patrocinadores e Colaboradores
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Deputación-1-150x150.png)
Dpt. da Coruña
Patrocinador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Escudo-Concello-de-Boiro-Horizontal-roxo-150x150.png)
Concello de Boiro
Patrocinador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2020/03/logo_arousa_norte_mancomunidadeV-150x150.png)
Mancomunidade Arousa Norte
Patrocinador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Asteleiros-1-150x150.png)
Asteleiros Triñanes
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Jealsa-1-150x150.png)
Jealsa
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Chicolino-1-150x150.png)
JJ Chicolino
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/LOGO-DELEITE-1-150x150.png)
Deleite
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Garlou-1-150x150.png)
Garlou
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Muchachas-1-150x150.png)
Unión de Muchachas
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Mascolor-1-150x150.png)
Mascolor
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Outeiral-1-150x150.png)
Autos R. Outeiral
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Cabina-movil-150x150.png)
Cabina Móvil
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Gadis-1-150x150.png)
Gadis
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Pousada-1-150x150.png)
Pousada das ánimas
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Escola-Música-1-150x150.png)
Escola De Música de Boiro
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Gaiteiros-1-150x150.png)
Andavía
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Academia-1-150x150.png)
Academia Galega
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/05/Abadia-150x150.png)
Abadía de S.Enrique
Colaborador