A Cor de Boiro

Concurso de debuxo e pintura ó aire libre sobre bloc acordeón que busca incentivar a creación artística e valorar o patrimonio cultural e artístico da nosa contorna. Está dirixida a artistas ou afeccionad@s de máis de 16 anos.

Celebrouse no Cabo da Cruz o 22 de xuño do 2024 en Boiro. Premiáronse 3 obras que, xunto a todas as participantes, poden verse no Pazo de Goiáns desde finais de xullo a setembro.

  • 1º premio: Olga Pérez Casal
  • 2º premio: José Paredes Cabral
  • 3º premio: Alphonzo Solorzano

Organizan A. C. Olloboi e Espazo La doce co patrocionio do Concello de Boiro. Colabora A.C. A Gamela.

Pintura, música, convite

O peche de festa foi na Abadía de San Enrique, onde contamos cunha performance do acordeonista  Vadim Yukhnevich e o artista Leandro Lamas, quen nos acompañou ó longo da xornada e dirixiu unha pintura sobre mantel con Xirpín, un vídeo de Boiro das Adegas Saborido comentado por unha das súas propietarias, Nuria Saborido. Podedes ver unha videomontaxe coas fotos de Óscar Mata e a música de Vadim, e logo un álbum con todas as fotos 😉

A cor de Boiro (fotos de Óscar Mata e música de Vadim Yukhnevich)

Todas as fotos da xornada