Inscrición no Encontro

Enche o seguinte formulario para participar no Olloboi 2022

Os campos marcados cun * son obrigatorios

Muchachada Olloboi. ENTRADAS ESGOTADAS

Cinema de guerriña organizado en colaboración coa veciñanza e cineastas cómplices de cada ano. A idea é facer unha microcurta na propia mañá, traballando en equipo.
A admisión nesta actividade priorizarase a centros que participen na convocatoria xeral. Terase en conta a orde de inscrición.

Suxerimos que cada centro traia o seu propio equipo de edición e unha persoa con coñecementos para montar as pezas. Poderase empregar o material que se desexe para a gravación: móbil ou cámara. Programas recomendados para a montaxe: Premiere Clip (móbil), KdenLive (portátil). Na nosa web (Olloboi/Aprendo con Olloboi/Recursos tedes dous titoriais sinxelos de manexo de cada un dos softwares.

Previo aviso, desde a organización de Olloboi proporcionarse axuda na medida do posible.

Espectáculo Peter Punk e Cinefórum

Para os máis peques, ofreceremos un espectáculo do pallaso Peter Punk.

Cinefórum con Eloy Domínguez: Do documental á ficción. Visionado e charla sobre as curtas Os corpos (2020) e Rompente (2022).

Entrega de Premios

Festa de entrega de premios nas categorías xerais do festival. Para participar, consulta as bases e formulario na páxina principal da nosa web.