MULLERES DO CABO DA CRUZ MUCHACHADA MATINÉ 2019

Escoitamos falar sempre dos mariñeiros e da súa vida penada, do éxito dos armadores e dos capitáns, e de empresarios de traxe branco. Mais escoitamos falar menos das mariscadoras que transforman a paisaxe das praias cando hai seca, das peixeiras que monetizan coma ninguén o esforzo nocturno da baixura, dos milleiros de mulleres que moi cerca de nós protagonizan masivamente as labores necesarias para que as fábricas de conserva funcionen. unha vez máis, as mulleres son o motor das nosas vidas.

Cando o encontro de embarcacións tradicionais de Cabo, unha v/bella contou que empezou indo á praia con once anos a apañarberberechos coas mnas. Que logo foi pescar co seu pai na gamela, máis tarde co marido, e que cando voltaban do mar eran elas as encargadas de ir vender o peixe. E que seguiu preto do peixe, do que limparían despois traballando na fábrica. E todo aquilo mentras mantiña seis crianzas. As mulleres sempre, motor das nosas vidas. Por iso as mulleres do mar, neste lugar salgado que habitamos, deben ter visibilidade.

Alberto de Boiro.

A Muchachada Matiné de 2019 adicouse ás mulleres do mar e para iso fomos ata Cabo de Cruz onde cinco veciñas nos acompañaron para descubrir con elas os seus traballos e forma de vida vinculada ó mar. Con elas, 130 rapaces e rapazas de diferentes centros educativos que tiñan como misión idear, gravar e editar unha curtametraxe nunha mañá, para o que contaban coa axuda de profesionais do audiovisual galego.

  1. «Futuros furtivos» con Carme Hermo
  2. «Remo» con Laura Davila.
  3. «O comezo do remo feminino» con Laura Davila
  4. «@blanca_pita_» con Blanca Otero
  5. «A nosa avoa por un día» con Mercedes Silva
  6. «Analepse» con Blanca Otero
  7. «E por que non elas?» con Eva Triñanes
  8. «Prohibido coger cabeza» con Pepita Ferreirós

Podedes ver as pezas no mosaico que atoparedes nesta páxina ou pinchando no mapa.

A peza gañadora foi Prohibido Coger Cabeza, do IESP A Cachada

Os equipos

previous arrow
next arrow
Slider

Nesta edición da Muchachada Matiné contamos coa participación do IESP A Cachada de Boiro, IES A Pobra do Caramiñal, IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, CEIP do Carballal de Marín e mais o IES Macías o Namorado de Padrón. Graciñas a todos eles!

Créditos

Os cineastas que traballaron coa rapazada foron María Tasende, Alfonso Zarauza, Xaime Miranda, Sabela Blanco, Luis Avilés, Carmen Méndez, Álvaro Galo, Cris Iglesias, Sabela Hermida, Sonia Mendez, Sandra Lesta, Miguel de Lira, Quique Otero, Anxos Fazáns, Xosé Barato, Andrés Goteira, Suso López e Sara Hermo.

No equipo técnico desta fermosa tolemia chamada Muchachada Matiné estiveron os 6 de Olloboi xunto a Cristina de la Torre, Alison Dieste, Xabier Rodríguez, Sara Hermo, Sergio Dieste e Dioni Espinal.

Asi foi a Muchachada Matiné