Contidos Muchachada Matiné 2018

O Plan

  • Os contidos da Matiné xirarán en torno ó mundo da muller dende unha perspectiva profesional, social, cultural...
  • Haberá un punto do centro de Boiro asignado a cada grupo, dentro dun roteiro que conforma unha mirada feminina sobre a realidade e a historia da vila.
  • En cada punto haberá unha ou varias mulleres que servirán como protagonistas ou inspiración das pezas.
  • Cada grupo estará acompañado pola súa/seu profe e por un/unha cineasta.
  • Os vídeos resultantes pasarán a formar parte dun roteiro didáctico semellante ó do ano pasado: https://olloboi.atavist.com/mapaemocionalboirobello
  • Pola tarde entregarase un premio ó vídeo que máis lle guste á Unión de Muchachas.

Os vídeos

  • DURACIÓN: os vídeos poden durar un máximo de tres minutos. Aqueles microformatos de menos de 1 minuto colgarémolos no instagram do Olloboi. O resto estarán en Youtube. Todos eles aparecerán xeorreferenciados no mapa que construamos xuntos.
  • CONTIDO: podedes facer entrevistas, ficcións, curtas experimentais… calquera formato que se vos ocurra. Non hai límites á imaxinación sempre e cando as mulleres e o tema que vos toque vos sirvan de inspiración. O sentido do humor non está prohibido!
  • TÍTULO: os vídeos teñen que ter un título e unha frase que os describa a modo de sinopse ou tagline, pensalos axudaravos a encauzar a historia.
  • MÚSICA: se metedes música procurade usar música Creative Commons, podedes descargala de Youtube ou doutras librerías como jamendo.com, freemusicarchive.org
  • FOTOS: podedes empregar fotos antigas de Boiro que hai en Internet ou pedirlle fotos á xente.

O PROCEDEMENTO

  • Chegade ó sitio e documentádevos sobre a historia que vos rodea e as persoas que están alí. Preguntade moito e ide anotando posibles temas ou tramas para os vosos vídeos.
  • Propoñede ideas de guión e como realizalas: con recreacións, entrevistas… Pero recordade que é unha peza que tedes que resolver (gravar e editar) en 3 horas.
  • Gravade cos móbiles e se podedes, editade tamén no móbil. Se non, podedes vir ata o Centro Cultural coa peza gravada e axudarémosvos a montar ou teredes un PC dispoñible.
  • Se facedes todo dende o móbil ou cos vosos portátiles podedes mandarnos a peza por Drive ou wetransfer para que non perda calidade (ide a un dos puntos WIFI sinalados no mapa). Outra alternativa é mandalo por whastapp, aínda que perde calidade.
  • Acordádevos de mandar unha foto de grupo e da rodaxe cos nomes de todos os que participades para mencionarvos nos créditos do mapa.

 

MOVIDAS TÉCNICAS

  • App recomendada para editar dende o móbil (Android): Premiere Clip
  • Traede cable e cargador do teléfono. Asegurádevos de que tedes espazo na tarxeta. Se tedes cascos con micrófono traédeos tamén, poden ser útiles para as entrevistas.
  • Se tedes trípodes para o móbil ou paos selfie tamén poden ser útiles.

Mapa de Ubicacións