As mulleres de Boiro. Muchachada Matiné 2018

No 2018, o Festival Olloboi celebrou a súa segunda Muchachada Matiné con máis de 150 escolares de diferentes centros de Galicia. Durante unha mañá, a rapazada percorreu Boiro acompañada de profesionais do audiovisual galego para retratar o mundo das mulleres facendo curtas cos seus móbiles.

Esta actividade faise coa colaboración da Unión de Muchachas que acompañaron ós nosos pequen@s gran cineastas polos seguintes puntos da vila:

  1. Galería La Doce e as mulleres na arte.
  2. O mercado municipal e as mulleres no comercio
  3. O Concello de Boiro e as mulleres senlleiras da política
  4. Antiga fábrica Maperlán e as mulleres no téxtil
  5. O Centro de Día e as mulleres nos coidados
  6. Praia de Barraña e as mulleres do mar

 

Podedes ver as pezas xeorreferenciadas no mapa a traveso deste enlace ou no mosaico que atoparedes ó final desta páxina.

Os equipos

previous arrow
next arrow
Slider

Nesta edición da Muchachada Matiné contamos coa participación do IESP A Cachada, IES A Pobra do Caramiñal, IES Praia Barraña, CPI As Mirandas, IES Fernando Blanco, IES Bréamo e o IES Macías o Namorado. Graciñas a todos eles!

Créditos

 

Os cineastas que traballaron coa rapazada foron Sandra Sánchez, Alfonso Zarauza, María Yáñez, Sonia Méndez, Miguel de Lira, Andrés Goteira, Suso López, Eloy Domínguez, Carmen Méndez, Sabela Hermida, María Lobo, Óscar Cruz, Andy Mahía e Toño Chouza.

No equipo técnico desta fermosa tolemia chamada Muchachada Matiné estiveron Cristina, Alison, Roi, Yaiza e Fran.

Fenomenal!