Recursos COVIDeo

Esta categoría está adicada ás pezas que fagades nas vosas casas, que serán curtas non superiores a 10 minutos e que se rexerán polas bases xerais do concurso.

Propoñémosvos que reflexionedes xunto ás vosas familias sobre o confinamento, sobre como é a nosa vida agora, sobre o país que nos agarda á volta, sobre o ben público… e que canalicedes eses pensamentos cara á creación dunha obra.

Para isto, poñemos á vosa disposición os seguintes recursos educativos en galego:

  • 10 anos, 10 consellos: unhas recomendacións para ter en conta á hora de facer unha curta na casa. (Work in progress)
  • Montaxe dunha curta: presentación para aprender paso a paso a editar con Corel Video Studio (30 días gratis), Premiere Clips (para móbil, gratuíta), PiTiVi (para Linux).
  • Charlas e actividades Aprendo con Olloboi para aprender sobre cine da man de cineastas e películas galegas. Un capítulo adicado a cada área da produción: guión, son, fotografía, edición… cunha breve clase online, impartida por artistas, e logo actividades en galego, para afondar.

Poden servos útiles tamén os enlaces da canle educativa Educlip, a páxina de realizador@s de Galicia CREA ou a de Novo Cinema Galego.

Corren tempos inauditos: narrémolos coa nosa mirada e así construiremos colectivamente o relato do que pasou. Está nas nosas mans que froito desta crise se reforcen ou deterioren os lazos sociais, e nós apostamos por facelos máis sólidos, fermosos e solidarios que nunca. O cine pode ser a ferramenta.