A sopa verde

Featured Video Play Icon

CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro

O alumnado de 3º de Primaria do CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro preséntavos a súa curta “A sopa verde”, basada no libro do mesmo nome de Angela Madeira e Till Chartier, de OQO editora. Está realizada coa técnica Stop Motion.

Cóntanos a historia dun coello que só come cousas verdes. Tratan de facerlle probar outras cousas doutras cores pero el négase rotundamente ata que ao moucho se lle ocorre unha gran idea, facer unha sopa verde con todas aquelas cousas que lle quixeran facer probar.