ABRAIO

Featured Video Play Icon

CPI As Mirandas

Traballo feito no CPI As Mirandas de Ares, no Día Internacional da Lingua de Signos.
ABRAIO, que é Abraio?. É un intento de amosar as nosas capacidades, independentemente das diferentes características que nos forman como persoas. O obxectivo desta curta é precisamente mostrar esas igualdades e diferenzas que poden existir no día a día de dúas persoas: identidade, cultura, tradicións, valores… Igualdades e diferenzas que se mostran a través da vida de Fran e Carla. A única característica que os diferenza é que Carla e xorda e Fran non, pero entre eles non hai barreiras para comunicarse, gozar xuntos, ou que Fran aprenda a lingua de signos para comunicarse con Carla e ata namorarse e compartir a súa vida xuntos. Quizais non seredes quen de ver tódolos pequenos detalles que aparecen en ABRAIO por iso, as veces… é necesario volver a empezar. Estade atentos que COMEZAMOS!