Cambios

Featured Video Play Icon

IES A Pinguela
Cambios presenta en catro actos a evolución na relación de dous mozos.
Cos nervos e ilusión dos primeiros encontros, atopamos a un Daniel namorado e ditoso por atopar a alguén especial con quen compartir os seus momentos de ledicia.
De xeito case accidental, os amigos de Dani sinalan un segredo incómodo para el. Esta novidade marcará o seu comportamento e a súa relación de parella.
Cambios é inclusión e tolerancia, unha reflexión das dificultades que a sociedade impón ás persoas para deixar atrás os seus padecementos.
A obra foi gravada e protagonizada por alumnado de 4º ESO no IES A Pinguela de Monforte.