2021IES de Arzúa

Carvalho Calero. Letras galegas en tempos de pandemia

Featured Video Play Icon

IES de Arzúa

Vídeo lúdico-pedagóxico que nos achega a algúns trazos definitorios da vida, pensamento e obra da persoa homenaxeada este ano nas Letras galegas: o seu compromiso antifascista tomando partido polo bando republicano na Guerra Civil; a defensa do reintegracionismo lingüístico e algúns textos nos que estas facetas e o compromiso lingüístico do autor fican presentes. Todo iso desde a música e as entrevistas da Radio Fusquenlla, ficticia radio escolar criada para a ocasión.