CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
Tras a paranoica adquisición masiva de papel hixiénico nos inicios da corentena, o alumnado de 2º ESO de Dodro púxose “mans ao rolo” para lle dar a ese papel un uso verdadeiramente “hixiénico” durante a crise. Porque a rapazada, sinalada no confinamento só como foco de contaxio, tiña moito que expresar e facerse oír… Non ía ser só quedar caladiñ@s na casa, ou?