En galego en Foz

Featured Video Play Icon

IES de Foz

En galego en Foz é un vídeo colectivo baseado en breves entrevistas a veciños e veciñas de Foz, con perfís diferentes, que teñen o galego como lingua de uso normal na actividade laboral. As entrevistas foron realizadas polas alumnas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega no curso 2017-18: Uxía Rodríguez, Rosa Martín, Marta Rega, Eva Martínez, Lucía Agrelo, Paola García e Naila García. A través da visión de Julia Vidarte, traballadora social; Antonio Valín, cura; Otilia Fernández, vendedora de peixe; Fina Díaz, policía local; Marcelino Villarino, ferreteiro; Rosa Calvo, costureira; Eddy Varela, estudante no IES de Foz; e coa colaboración de David Val, locutor da radio local, achegámonos á realidade cotiá do seu traballo e ao uso consciente da lingua galega.

A dirección e montaxe son de Roi Cagiao, profesor do IES de Foz no curso 2017-18 e finalista na edición dos premios Mestre Mateo 2018, na categoría de Documental, coa súa obra Vigo 1972. O son e a música son froito da colaboración de Alberto Aguado, profesor no IES Illa de Sarón, de Xove.