Eu son… Mulleres da sombra á luz

Featured Video Play Icon

IES de Arzúa

Pretende visibilizar as mulleres que destacan ou destacaron en diferentes ámbitos e en diferentes momentos históricos sen obter o mesmo recoñecemento ou ter as mesmas posibilidades que os seus equivalentes varóns polo feito de ser mulleres. Mulleres do presente e do pasado, anónimas e con nomes propios cuxa historia de vida ten moito que ensinarnos.
Dedicado a elas, a nós, a todas as mulleres que facemos parte dunha historia que nos nega.
Como dicía Montserrat Boix: Para reler a historia con perspectiva de xénero non só temos, como docentes, que tentar rescatar o protagonismo das mulleres no pasado senón presentar instrumentos para repensar a dinámica histórica no seu conxunto. Debemos ensinar ao noso alumnado a reinterpretar a historia, a cuestionarse todo o aprendido até a data, incorporar os novos datos e as novas categorías. O resultado ha de ser necesariamente a transformación da nosa visión do mundo e da historia”
Amada García, Malala Yousafzai, Rosalind Franklin, Concepción Arenal, María Castaña, Emmy Noether, Elvira Bao, Nasrin Sotoudeh, Isadora Duncan, María Vázquez Suárez, Hildegarda de Bingen, Las Mariposas, Olympia de Gouges, Cecilia Payne, Aurora Liste Forján, Lise Meitner, as 146 mulleres queimadas en 1911 nunha fábrica textil, mulleres das Encrobas, Margaret Keane, Ahed Tamimi, María Pita, Rosa Parks, Berta Cáceres, Juana Inés de la Cruz, Hipatia de Alexandria, Maria Anna Mozart, Ada Hegerberg, Vero Boquete, Ana Peleteiro, Genevra Delphine, Ada Lovelace, Ánxeles Alvariño, Exeria, Rosalía de Castro, Ernestina Otero, Chien-Shiun Wu, Jocelyn Bell, Jane Godall, Hedy Lamarr, Ángela Ruiz Robles
Filomena Dato, as bruxas, queimadas na fogueira por sabias, Maruxa e Coralia, as Trece Rosas, Maruxa Mallo, Hildegart Rodríguez, sufraxistas, coidadoras, loitadoras, feministas…
Unha muller, todas as mulleres.