Homenaxe a Agustín Fernández Paz a través dos ollos de Antonio Seijas.

Featured Video Play Icon

CPI As Mirandas

Os rapaces e rapazas de 2º ESO do noso centro, en colaboración co EDL e a Biblioteca Escolar, realizaron unha homenaxe a un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no resto do Estado, Agustín Fernández Paz, finado o ano pasado.
E para render a nosa homenaxe, tivemos a colaboración do ilustrador aresán Antonio Seijas ao que os alumnos de 2º ESO entrevistaron. Seijas tivo o pracer de traballar co autor, posto que o noso ilustrador, baseándose na novela Cartas de inverno, publicou a exitosa novela gráfica do mesmo nome; e dicimos exitosa porque Antonio Seijas recibiu, entre outros premios, o Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado no ano 2012.