MAREA DE MULLERES

Featured Video Play Icon

CPI As Mirandas

Marea de mulleres é unha curta realizada polo alumnado de 4º ESO do CPI As Mirandas de Ares dentro do Proxecto Vidas Mariñeiras do GALP (Golfo Artabro Norte). Esta curta reflicte o retrato colectivo das mulleres de Ares que traballaban na salgadura con entrevistas ás protagonistas, que recordan como era o seu oficio e as súas condicións laborais, a súa vida cotiá e arelas. Unha homenaxe a todas as mulleres que traballaron arreo en condicións difíciles e que a maioría das veces, non viron recoñecido o seu traballo. Como reflicten as palabras escritas por Verónica de 4º ESO:
“Intemporais, como as ondas do mar que se moven coas mareas, en silencio, mais sen perder forza, sen descanso e sen queixa, constantes, inesgotables e experimentadas, agochando unha chea de ventos e correntes, as súas historias. Moito cambiou dende que botaron a andar, pero o delas segue sendo o noso ronsel, un camiño das mulleres e da terra, un camiño noso, no mar”.
“Dedicado a todas aquelas que co seu traballo loitaron polos nosos dereitos e liberdades”.