Universidade Complutense de Madrid
Misturando o formato de reportaxe cun cine máis experimental a cutometraxe trata a orixe do director a través da figura da súa nai. Así fala da enfermidade de Meniere que padece esta e da súa aldea natal, O hío, en Cangas do Morrazo mediante a súa danza ancestral. Trata así tamén de despedirse dunha etapa da súa vida ó saír de Galicia por motivos profesionais, por iso o Mar (no que traballaba a súa familia materna) é o enlace entre as dúas temáticas principais: A danza e a enfermidade da súa nai.