Maxia

Featured Video Play Icon

CRA de Meis

Había unha vez un colexio rural no que todo eran risos e alegría ata que un bo día un misterio inundou as aulas deste tranquilo cole.
Esta é unha curta que nace da necesidade de visibilizar a realidade do rural, un mundo que está a sufrir o despoboando, ao que as administracións públicas lle dan as costas, no que os recursos van minguando e nas escolas cada vez hai menos nenas e nenos. Mais este é un mundo marabilloso, cheo de lugares fantásticos, un lugar de xentes fabulosas capaces de facer MAXIA para que o futuro do rural, o noso futuro, non esmoreza.