Naufraxio da lancha “La General” na ría de Ferrol

Featured Video Play Icon

IES de Mugardos

O 28 de febreiro de 1947, a lancha de pasaxeiros Generalísimo Francisco Franco (coñecida popularmente como La General) afundiu no medio da ría de Ferrol ao chocar contra un destrutor da Armada. Morreron 13 persoas, case todas da vila de Mugardos que aínda lembra as terribles consecuencias do accidente.
Co gallo do 70 aniversario da traxedia, o alumnado de 2.º ESO reuniuse na biblioteca escolar para entrevistar a unha das supervivintes que ía de nena na lancha e o historiador que recolleu todos dos datos nun libro publicado recentemente polo Concello de Mugardos. Esta é a gravación do seu testemuño.