2018IESP A Cachada

Non é amor

Featured Video Play Icon

IESP A Cachada

Por que, nos contos que gardabas, eu era a devorada,
por que, na imaxe do amor puro, a moza estaba morta,
por que, no mito que teceches, urdiches o abandono,
por que, no afán de posuírme, cegaches os meus ollos.

Mírame agora que son silencio, eternidade,
mira o meu corpo branco, case azul na quietude,
son Ofelia de novo aboiando nas augas,
arrastrada na historia dun mundo á túa imaxe.
Ofelia case azul, xa para sempre muda,
inmóbil perfección de obxecto posuído.

Poema: “Non é amor”, de Marta Dacosta, incluído no libro “Polifonías”