O Curro, mercado de Noia

Featured Video Play Icon

IES Campo de San Alberto

Oito alumnos e alumnas dirixen a súa ollada ao pasado, presente e futuro dunha actividade milenaria, dun lugar que significa moito máis ca mercar e vender. O Curro de Noia é ese lugar no que todos os xoves e domingos voces, miradas e afectos percorren as rúas da vila, lembrando a historia das e dos que nos precederon. Desde a aula preguntámonos desde cando está aí a xente dos postos, como é o seu día a día e cal é o futuro. O que aquí se mostra non é máis ca unha parte pequena das conversas, imaxes, cores e ata música que compartiron con nós. Seguirlles os pasos estes meses fará que a nosa mirada cambie para sempre.