O Pergamiño Vindel volve ao lar

Featured Video Play Icon

CPI As Mirandas

Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergamiño Vindel (manuscrito do século XIII do trobador Martín Codax), o noso centro presentouse ao Certame Vindevideos coa finalidade de que o alumnado poidese achegarse ás cantigas medievais galego-portuguesas e ao universo trobadoresco a través da linguaxe audiovisual.
Os nenos e nenas de 4º de primaria realizaron un vídeo no que recrean a chegada do Pergamiño a Galicia. Un traballo no que souberon amosar as súas dotes interpretativas superando o vento e a choiva que nos acompañou o día da grabación.