O Rueiro das Flores

Featured Video Play Icon

Universidade de Santiago de Compostela

“O Rueiro das Flores” é unha curtametraxe baseada no testemuño dunha informante de Leboráns, en Trasmonte (Ames), chamada Pilar. Nada no 1938, vive o tempo da posguerra, moi influído pola fame ou a represión da Garda Civil, as duras xornadas de traballo no campo e os domingos de foliada na eira de Manolo de Lola, nos que tocadora coma ela non había outra.
Como parte do programa APS da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, a obra nútrese dun rigoroso traballo de campo para a configuración do atrezzo, o vestiario e as pezas tradicionais. O guión foi artellado a base de anécdotas reais deses tempos sobre os que Pilar fixo memoria connosco. Quixemos contalo tal e como ela nolo conta.