Os xogos olímpicos da corentena

Featured Video Play Icon

Olloboi COVÍD-EO DOMÉSTICO: CEIP Ría de Vigo

Os Xogos Olímpicos é unha curtametraxe onde podemos ver o que con imaxinación e moita ilusión se pode facer pechados dentro da casa. A idea naceu despois dun mes confinados, e xurdiu das actividades físicas diarias dos nenos. Xuntáronse todas, engadíuse algunha máis e completouse cunhas cerimonias de inauguración e clausura, para darlle forma e simbolizar a loita e a victoria dos nenos ante esta inédita situación que lles tocou vivir e que agardamos nunca máis haxa que repetir.