Sede na nova Galiza

Featured Video Play Icon

IES do Milladoiro

Esta proposta é unha viaxe compositiva entre dous mundos: o educativo e o artístico. Unha semente creativa que comezou como un modesto proxecto-homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán e rematou xermolando nunha peza transoceánica entre México e Galiza. Unha experiencia única para o noso alumnado de medrar no mundo da música e a poesía, grazas a:

Florencio Delgado Gurriarán pola súa inspiradora poesía. Ao seu sobriño, Ricardo Gurriarán, pola súa sabedoría e voz poderosa. A Xurxo Souto por seguir sendo un enxarmante de emocións e prestarse a musicar este poema Méxicano-Galaico con nós. A Loliña por seguir sendo o latexo da terra coa súa percusión e voz. A Richi Casás por transportarnos nas melodías do vento. A Antía Ameixeiras por darlle cor e vida ás nosas emocións. Ao profesorado do ENDLG do IES do Milladoiro por estar sempre aí. A Tomás Axeitos e Alén pola súa hospitalidade e bo facer no estudo de gravación. A todo o alumnado do Colectivo Euterpe por tanta creatividade, complicidade e talento colectivo.
Viva o Poeta que Baila!!!