Terra da fraternidade: o Milladoiro que queremos

Featured Video Play Icon

IES do Milladoiro

Un grupo de alumnas e alumnos dun instituto, en plena pandemia, fai unha reflexión audiovisual sobre a falta de coidados emocionais dentro dos centros educativos. Espíritu crítico para transformar as normas impostas dun xeito creativo. Conseguen abrir un debate moi necesario á hora de abordar os protocolos COVID e a súa aplicación. Ao mesmo tempo, reflexionan sobre a necesidade de achegarse ao benestar emocional colectivo.