Unha lingua sen boca

Featured Video Play Icon

IES Audiovisual de Vigo

Andrea, unha moza galega con orixes xamaicanas sae do interior de Galiza e móvese a Vigo. Alí atópase desubicada e extraña, xa que moi pouca xente fala galego e se expresa coma no seu pobo. Percorrendo Vigo, atopa rastros da Galiza que ama, vendo como unha pulpeira corta o pulpo, como se fai na feira do seu pobo; unha gaiteira tocando no medio da rúa, etc. Estes pequenos encontros coa Galiza que ela coñece sácanlle un sorriso, pero fáltalle algo que sempre a acompañou ata o momento, o galego. Nesta vivencia, onde unha galega de toda a vida chega a unha cidade que a fai sentir unha extraña e fóra de lugar no seu propio fogar, amosarase como un idioma pode chegar a ser tan importante para un mesmo, como individuo, como pra a sociedade; e onde un home conseguirá arrancarlle un sorriso de ledicia a unha galega nunha cidade orfa de galegofalantes.