Ana Moreiras

Mariñana de Lugo. Licenciada en Física de Partículas e docente de Tecnoloxía no IESP A Cachada de Boiro. Colaboro en Olloboi desde o 2010, en labores de Coordinación, Produción e Comunicación. No meu tempo libre, debuxo urbansketching e banda deseñada. Pode verse o que garabateo no Pendello de Ana Moreiras.

Lolo Garrido

Do Freixo Ourensán. Licenciado en Belas Artes e docente de Plástica no CPI de Catoira. Colaboro en Olloboi desde o 2010, en labores de Coordinación e Deseño. Se andas un día polos entroidos de Laza ou Verín, verás máscaras que fixen para peliqueiros e cigarróns 😉

Susana Diz

Arraiana de Muíños, Ourense. Licenciada en Belas Artes. Colaboro en Olloboi desde o 2013, en labores de Coordinación, Produción e Arte. Participo en diversos proxectos artísticos como Creaturas e Ordeikí e pinto máscaras do entroido ourensán. Poden verse os meus enxeños no Instagram e Facebook, Enpunto Su.

Petro Álvarez

Valdeorrés. Licenciado en Belas Artes e docente de Plástica no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro. Colaboro en Olloboi desde o 2010, en labores de Coordinación e Xestión.

Yaiza Vicente

Boirense. Licenciada en Comunicación Audiovisual. Colabora en Olloboi desde o 2016, en labores de Produción, Xestión e Deseño informático. Teño experiencia en produción para televisión e cinema grazas ó tempo que traballei en Cinemar Films.

Francisco Javier Paz

Padronés. Técnico en Informática. Colabora en Olloboi desde o 2017, en labores de Xestión e Deseño informático. Encántame o Nestea e Family Guy.

Sara Hermo

Boirense. Licenciada en Cine pola ESCAC. Colabora en Olloboi desde o 2019, en labores de Produción e Community Manager. Participo en diversos proxectos de cine, área de Fotografía, e no tempo libre brinco coa fotografía analóxica.