Muchachada 2024

Esta foi unha Muchachada diferente ás anteriores, pero con toda a alma de sempre.
Dunha banda, contamos co alumnado de 3 escolas:

  • IES A Cachada, Boiro.
  • IES Praia Barraña, Boiro.
  • Escola Frei Bartolomeu dos Mártires, Viana de Castelo.

Doutra banda, contamos cos cómplices:

  • Ricardo de Barreiro, actor e pintor.
  • Sabela Hermida, actriz e produtora.
  • Cristina de la Torre, realizadora, docente e produtora.
  • Jorge Rivero, realizador e profesional da distribución de curtas.

A terceira pata do banco aportouna a Cruz Vermella de Boiro e Servizos Sociais, quen nos trouxeron a catro das protagonistas do seu proxecto "Referentes de vida,  motor do noso pobo": Luisa Sieria, Milagros Pouso, Blanca Otero e Josefa Dieste.

Aquí vos deixamos as catro curtas resultantes, agardamos que vos gusten e fagan reflexionar.