Olloboi 2020 - Edición COVÍD-eo
A pandemia non acouga e as expectativas de volver ás aulas con normalidade non son altas. O que é aínda peor: nin sequera sabemos cando poderemos celebrar o estarmos xuntos cun bo abrazo. Nestas condicións, o Festival Olloboi que coñecemos carece de sentido. Promovemos a creatividade e o compromiso a través do cine, pero sempre na base do convivio, da experiencia compartida, da celebración.
Non por isto deixamos de traballar para a canteira do noso cine: neste tempo elaboramos dous videotitoriais para facer videocreacións na casa (a creación e a edición) con móbil, e convocamos a categoría Olloboi COVÍD-eo.
Propoñémosvos que xuntedes enerxía e participedes nela, agora que empezamos a asimilar o ritmo das teleclases e que a tempestade amaina. Queremos coñecer o voso relato, real ou ficticio, do que pasou e do está por vir. Podedes enviarnos esas pezas ata o 11 de xuño no formulario que atoparedes máis abaixo. Desde o 12 ata o 18 de xuño abriremos voto telemático para que todo o mundo poida escoller unha das creacións presentadas a concurso. O venres 19 fallaremos as dúas curtas gañadoras: a do público e a do Equipo Olloboi. Ambas pezas terán un premio en merchandising de Olloboi e poderán asistir a unha rodaxe real en canto as condicións de seguridade o permitan.
O resto de pezas enviadas pasarán ó concurso Olloboi 2021, e estade seguros dunha cousa: celebraremos o 10º aniversario con todo o respecto que vos merecedes!
Unha forte aperta e a seguir creando, Ollobois!
Gañadores COVíD-eo
Olloboi COVíD-eo doméstico
Busca aquí a túa curta
Gañadores doutras edicións
Queres axuda para facer a túa curta? No apartado de Aprendo con Olloboi poderás atopar unha guía didáctica conducida pol@s nos@s Cómplices Artistas: director@s, intérpretes, guionistas, montador@s, técnicos de son...
Olloboi na rede


A Academia Galega do Audiovisual recoñece ó festival Olloboi co Premio Especial José Sellier


El festival Olloboi recibe un premio de la Academia Galega do Audiovisual

A Academia recoñece ao festival de cinema escolar Olloboi co Premio Especial José Sellier

O festival Olloboi leva o premio José Sellier da Academia Galega do Audiovisual

O Festival Audiovisual Escolar Olloboi de Boiro, galardoado co Premio Especial José Sellier

Cómplices + é a nova proposta do Olloboi para tentar fusionar a experiencia de artistas, a aprendizaxe de estudantes de ensino superior e a imaxinación da rapazada nun mesmo espazo e tempo.
Cómplices






Patrocinadores



Colaboradores
















Que é Olloboi?
Olloboi é un proxecto sen ánimo de lucro desenvolvido desde 2010 pola asociación cultural do mesmo nome. O Festival Audiovisual Escolar Olloboi, dirixido a alumnado e profesorado dos centros escolares desde primaria a ensino superior, transcorre nunha plataforma web os cinco primeiros meses do ano e culmina en maio con diversos actos presenciais: proxeccións, cine de guerriña, unha entrega de premios e un encontro de xoves creadores e creadoras, profesorado e profesionais do audiovisual. Trátase dun proxecto independente e sen ánimo de lucro que se nutre do traballo e a ilusión dos membros da organización (capitanía).
Somos un colectivo que canaliza a súa solidariedade a través da creatividade, por iso organizamos cada ano este certame que premia a orixinalidade, arte e compromiso dos traballos de moit@s futuros profesionais. Por repercusión e participación (máis de 100 inscritos en cada edición, de toda Galicia, e 10 000 visitas na nosa web e redes sociais en cada unha das tres edicións anteriores) Olloboi é xa a maior plataforma da canteira do audiovisual galego.
