Olloboi 2018
O Olloboi 2018 celebrouse o venres 11 de maio en Boiro con moita emoción e un público fantástico. Na organización: Lolo, Ana, Petro, Susana, Javi e Yaiza.
A Muchachada Matiné 2018 consolidouse como a actividade de cine escolar-guerrilla máis potente do panorama galego, e nela converxe a nosa vocación docente, creativa e social. Durante toda a mañá, 185 rapaces e rapazas de diferentes centros guionizaron, gravaron e montaron pezas coa axuda de cineastas e cidadás de Boiro, baseándose nun tema que propuxo a asociación local Unión de Muchachas. Este ano tratábase de dar unha perspectiva feminina de Boiro, e para iso contouse coa axuda de mariscadoras, peixeiras, artistas, políticas, costureiras... Os traballos que gañaron foron:
- "O paseo", centrado na figura de Bríxida Muñiz, concellala socialista represaliada no comezo da Guerra Civil. Foi feita por alumnas de 2ºESO do IESP A Cachada coa complicidade da cineasta Sandra Sánchez.
- "...e punto", un intento de recrear a importancia do sector téxtil en Boiro, concretamente das fábricas de chaquetas de punto. Creada por alumnado de FP do IES Fernando Blanco, de Cee, coa complicidade de Miguel de Lira e o realizador boirense Toño Chouza.
Pola tarde, xa nos Asteleiros Triñanes, visionamos as pezas da Muchachada e fallamos as gañadoras. A continuación, María Yáñez e Sonia Méndez espuxeron o percorrido que teñen diversas series web dadas a coñecer e mesmo coproducidas no Carballo Interplay, e tamén nos falaron doutras actividades satélite do prestixioso festival.
A entrega de premios, conducida por Federico Pérez e Sabela Hermida, contou cos cómplices da Muchachada, que tamén eran xurado, para entregar os premios nas diferentes categorías: Miguel de Lira, Toño Chouza, Óscar Cruz, Sandra Sánchez, Andrés Mahía, Alfonso Zarauza, Carmen Méndez, Eloy Domínguez, Suso López, Andrés Goteira e as propias Sonia e María.
Os premios estiveron moi repartidos.
- Peque para Mareas vivas de Lourizán, do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús, Placeres - Pontevedra.
- Interpretación para Rosa chicle, do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.
- Accésit intrepretación para Agrios Agarimos, realizado polos usuarios do CAD A Pobra do Caramiñal.
- Guión para O secuestro, do IES Macías o Namorado de Padrón.
- Fotografía para AM4R, do IES Politécnico de Vigo.
- Documental para Conversas en lata, do CEIP da Torre-Illa da Illa de Arousa.
- Montaxe para Zan Hoffman - Bang Bang Crazy, do IES Praia Barraña de Boiro.
- Arte para A mellor sopa do mundo!, CEIP A Xunqueira Nº2 de Pontevedra.
- DJ para Piñeiros no xardín, do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baileirón de Dodro.
- Premios especial Zamburrioi ó traballo Conexións do IES As Barxas – Moaña.
O fin de festa foi amenizado polo grupo de gaitas Andavía e as cantareiras Nunca é tarde mentras comíamos un Arrós mariñeiro feito pola Gerardo Troupe. E si... quedou oco para un concerto de Sabela King and the Heartbreakers na Pousada das Ánimas!
![CARTEL 2018](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2019/05/CARTEL-2018.jpg)
Vídeos Edición 2018
- Todos
- C.O. Xoan XXII
- CAD A Pobra
- CEE O Pedroso
- CEIP A Escardia
- CEIP A Pedra
- CEIP A Xunqueira nº2
- CEIP Cespón
- CEIP de Caión
- CEIP de Tenorio
- CEIP do Carballal
- CEIP do Foxo
- CEIP Mestre Rodríguez Xixirei
- CEIP O Bolo
- CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso
- CEIP Plurilingüe Virxe do Mar
- CEIP Torre-Illa
- Centro Plurilingüe Sagrado Corazón de Placeres
- CEP de Ventín
- CEP Salustiano Rey Eiras
- CIFP Manuel Antonio
- Colexio Galaxia
- Colexio María Assumpta
- Colexio Possumus
- CPI As Mirandas
- CPI dos Dices
- CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
- CPI San Vicente
- Escuela TAI
- IES Agra do Orzán
- IES As Barxas
- IES Audiovisual de Vigo
- IES Breamo Pontedeume
- IES Carlos Casares
- IES de Becerreá
- IES de Brión
- IES de Cacheiras
- IES de Ortigueira
- IES Fernando Blanco
- IES Francisco Asorey
- IES Gregorio Fernández
- IES Macías O Namorado
- IES María Casares
- IES María Soliño
- IES Monte da Vila
- IES Poeta Díaz Castro
- IES Politécnico de Vigo
- IES Praia Barraña
- IES Salvaterra de Miño
- IES Universidade Laboral
- IES Urbano Lugrís
- IES Xelmírez II
- IES Xesús Taboada Chivite
- IES Xulián Magariños
- IESP A Cachada
- IESP de Ames
- Universidade Complutense de Madrid
Patrocinadores e Colaboradores
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Deputación-1-150x150.png)
Dpt. da Coruña
Patrocinador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Escudo-Concello-de-Boiro-Horizontal-roxo-150x150.png)
Concello de Boiro
Patrocinador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Muchachas-1-150x150.png)
Unión de Muchachas
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Asteleiros-1-150x150.png)
Asteleiros Triñanes
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Jealsa-1-150x150.png)
Jealsa
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Chicolino-1-150x150.png)
JJ Chicolino
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/LOGO-DELEITE-1-150x150.png)
Deleite
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Garlou-1-150x150.png)
Garlou
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Publiser-1-150x150.png)
Publiser
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/logo_ies_a_cachada-150x150.png)
IESP A Cachada
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Mascolor-1-150x150.png)
Mascolor
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Outeiral-1-150x150.png)
Autos R. Outeiral
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Cabina-movil-150x150.png)
Cabina Móvil
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Gadis-1-150x150.png)
Gadis
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Pousada-1-150x150.png)
Pousada das ánimas
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Escola-Música-1-150x150.png)
Escola De Música de Boiro
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Gaiteiros-1-150x150.png)
Andavía
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/04/Academia-1-150x150.png)
Academia Galega
Colaborador
![](https://www.olloboi.com/wp-content/uploads/2018/05/Abadia-150x150.png)
Abadía de S.Enrique
Colaborador