A viaxe de Manuel Antonio. Lectura colectiva dos poemas do libro “De catro a catro”

Featured Video Play Icon

CIFP Manuel Antonio

O CIFP Manuel Antonio está a desenvolver durante o curso 2017/2018 un proxecto para poñer en valor a figura e obra do poeta galego Manuel Antonio, que da nome ao noso centro.
Entre as actividades desenvolvidas destacamos unha lectura colectiva dos 19 poemas do libro “De catro a catro. Folla sen data dun diario de abordo” para celebrar tanto a conmemoración do 90 aniversario da publicación do libro (27 de marzo) como o día da poesía (21 de marzo).

Na actividade colaboraron centros galegos, nacionais e internacionais: CIFP Manuel Antonio de Vigo (España), o CEG de Granada (España), a EOI de Ponferrada (España), o CEG de Zadar (Croacia), a IE Cañada Blanch de Londres (Reino Unido), o IES As Barxas de Moaña (España), o CEG de Vitoria (España), o CEG de Budapest (Hungría), o CEG de Roma (Italia), o CEG de Cork (Irlanda), o CEG de Padua (Italia), o CEG de Varsovia (Polonia), o Ceg de Braga (Portugal), o IES Alexandre Bóveda de Vigo (España), o IES Álvaro Cunqueiro de Vigo (España), o CEG de Estremadura (España), o CEE López Navalón de Santiago de Compostela (España) e o IG Santiago Apóstol de Bos Aires (Argentina).