Día de Rosalía 2017

Featured Video Play Icon

IES de Foz

Vídeo homenaxe a Rosalía de Castro, seguindo a modalidade do “mannequin challenge” (proposto para o Día de Rosalía de 2017 pola AELG), para contribuír á visibilidade nas redes do lema da iniciativa #RosalíaTe.

Alumnado de 1º BACH e 1º de ESO, na Biblioteca, protagoniza diferentes situacións nas que interacciona visualmente coa obra e figura de Rosalía (lectura de poemas, recitado, consulta na internet, achegamento á exposición, preparación de presentacións escolares, valoración de edicións artísticas…).

A música de fondo é unha das pezas sobre poemas de Rosalía interpretada polo coro do IES de Foz que dirixe Fernando Allén, o profesor de Música.