10ª Edición Olloboi

Días
Horas
Min
Seg

Aquí tes as bases deste ano

Se as circunstancias o permiten, celebraremos o festival Olloboi do luns 25 ó xoves 28 de maio con proxeccións de cine para alumnado de Ribeira, A Pobra, Rianxo e Boiro. O xoves 28 pasaranse as curtas finalistas na Casa de Cultura e un cinefórum cos Artistas Cómplices. Entrada libre.

O venres 29 será o día grande. Pola mañá reuniranse rapazada e profes, artistas e cómplices da vila para facer cine exprés na Muchachada 4x4. Se es estudante universitario/ciclo superior podes unirte como Cómplice+.

Pola tarde celebrarase a 10ª edición de Entrega de premios Olloboi nos Asteleiros Triñanes. Con foliada e concerto fin de festa incluídos, se non hai novidade.

Patrocinadores e Colaboradores

OlloCentros 2020!